Buscar

Buscar


Casas completas, Rurales, Villas, Chalets, Apartamentos, etc.


Destino/Propiedad:
Fecha entrada:
Fecha Entrada
Fecha salida:
Fecha Salida
Mis fechas son flexibles

Sendeiro de Os Carranos

Covelo (O Ribeiro), Pontevedra

Sendeiro de Os Carranos en Covelo. Pontevedra

No traxecto, os bosques da ribeira do nacemento do río Tea amosan a súa riqueza natural, e a estilizada Ponte Romana de Fofe, probablemente de época medieval, permite gozar dende o alto das magníficas vistas das piscinas naturais do río.

Xunto á antiga casa reitoral de Fofe iníciase esta rota que baixa ata a área recreativa da praia fluvial de Maceira, visitando no seu percorrido o destacable serradoiro hidráulico dos Carranos. No traxecto, os bosques da ribeira do nacemento do río Tea amosan a súa riqueza natural, e a estilizada Ponte Romana de Fofe, probablemente de época medieval, permite gozar dende o alto das magníficas vistas das piscinas naturais do río.

br> O serradoiro dos Carranos, construído en 1922, mostra nun lateral a nora que aínda move a súa maquinaria, impulsada pola auga do regato de Vixiáns. Nel, noutrora facíanse carros, o cal lle valeu o seu nome, e tiña sequeiro e almacén de madeira, así como unha pequena forxa para elaborar as ferraxes coas que calzar as rodas dos carros.